BVG Atrás Índice de Páxinas |
Versos primos |
||
Páxina 16 |
Epílogo
VERSOS PRIMOS
CAMPO
Nas augas calmas do río
o sol peitea os cabelos
e das veigas de esmeraldachega un suave cheiro a tempo
que esborrancha de morriña
e de brétemas o ceo.
Debaixo do azar primeirodos laranxeiros, un neno
persegue unha bolboreta
co seu coador de vento,
como persegue o poeta
palabras de caramelo.
As herbas recenden calmae o plácido limoeiro;
a bolboreta da vella
segue fuxindo do nenocomo foxen as ideas
douradas do pensamento.
Acougan quedas as augas
polícromas no seu leito
como repousan as verbas
en poemas de avoengo.
Dourado crisol, o solderrete rosas no vento,
rosicleres que transforman,
poeta - pintor, o lenzo
de brancas gasas celestesen raxeiras de misterio;
e na noite chegan coplas
enfariñadas de tempo
que deixan ronseis de estrelasbaixo a peneira do ceo.
E cando os ollos rebordano farelo dos luceiros,
unha plenitude incerta
tremeluce no silencio.
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |